- Este evento ha pasado.
Festival Polas Bravas (Chantada, Lugo)
19-20 MAYO 2023 / CHANTADA (LUGO)

Primeiro Festival Feminista da Provincia de Lugo
A Asociación Polamiúda, asociación feminista de Chantada, organiza a vindeira fin de semana o Polas Bravas, un festival gratuito de música e palabra que pretende congregar á veciñanza da vila e a contorna para gozar de propostas culturais vangardistas feitas por mulleres bravas galegas.
A programación de Polas Bravas abrangue un espectro ben amplo de posible público: desde música de mozas novas, ata teatro centrado na música da tradición oral, pasando por poesía para todas as idades, non exenta de ocos para o humor. Múltiples expresións culturais destinadas e accesibles a todas as idades. Contamos no Polas Bravas cun elenco de mulleres galegas con moito que contar tanto no eido teatral coma no musical, e que de seguro farán que este festival sexa recordado e poida ter continuidade.
O venres 19 ás 20.00 no Mesón Mogay (Rúa DR. Fleming 2) comezará o festival coa actuación de Noite, que tocará algún dos seus temas orixinais e versións. Ás 21.30 será o momento de gozar coa actuación de Aldaolado, que veñen presentar o seu novo espectáculo Sobre Sorpresa despois de ser elixidas finalistas dos premios Martin Codax no apartado de Música Indie. A noite do venres rematá ás 00.30 coa pinchada no Pub Lost (Rúa Castelao) do duo de DJs Midori ¥ Hatta, que traen unha sesión na que combinarán éxitos coñecidos con xoias ocultas.
O sábado 20/05 arrancará ao aire libre, no parque Eloísa Rivadulla (Parque dos Pendellos) coa actuación ás 12.00 das artistas da Academia, unha escola de música local con dúas propostas moi especiais. Ás 13.00 será a quenda de Nuria Vil, co seu especáculo de poesía escénica. Para acompañar a sesión vermú contaremos coa dj compostelá MeriWlson. Teremosbar e posto de comida para que as asistentes poidan gozar ata o final da sesión vermú.
Äs 18.30 da tarde é o momento do teatro, no Auditorio Municipal de Chantada o grupo Chévere fará rir ao público coa súa peza “As Fillas Bravas”. Contaremos cun servizo de animación e coidados para crianzas durante toda a representación. O público abandoará o Auditorio cunha sorpresa da banda local As PunKDereteiras, coa súa revisión das letras das cantigas tradicionáis.
De volta ao Parque ás 21.00 comezará a actuación das Fillas de Cassandra, un dos proxectos máis prometedores do panorama musical galego, que de feito veñen de ser finalistas nos Premios Martin Codax na categoría de música emerxente. Para non deixar de bailar, ás 22.30 comezará a actuación das Bratzantifa, que traerá a Chantada a súa mestura única de «bedroom pop» e sons urbanos. A terceira actuación da noite no parque será a cargo de de hydn, a cantante galega creadora do «Gallenglish» que virá apresentar os seus últimos temas. O peche ao Polas Bravas poñerao a partires das 00.45 a queridísima Dj local Luna Desgracia, que misturará coa arte que ela sempre ten ritmos do electro ao techno, pasando polo denbow ou o regguetón. O mellor broche final a un festival que agardamos teña continuidade e facilite a chegada a Chantada de propostas de vangarda moitos anos máis.
Venres 19/05 Meson Mogay
20.00 Presentación Festival
20.30 Noite
21.30 Aldaolado
Venres 19/05 Pub Lost
00.30 Midori ¥ Hatta
Sábado 20/05 Parque Eloísa Rivadulla
12.00 A Academia
13.00 Nuria Vil
14.00 MeriWlson
Sábado 20/05 Auditorio Municipal
18.30 Chévere, As Fillas Bravas (auditorio)
19.30 As PunKDereteiras (auditorio)
Sábado 20/05 Parque Eloísa Rivadulla
21.00 As Fillas de Cassandra
22.30 Bratzantifa
23.45 hydn
00.45 Luna Desgracia
19/05/2023 – 20/05/2023
Asociación Polamiúda
La Circular no se hace responsable de cambio de horarios o de eventos, es un calendario informativo. Consulten la web del evento o la organización que se indica.
Envíanos información sobre tu evento a info@lacircular.es